sexta-feira, 5 de novembro de 2010
Soas: Um lançamento a não perder...
CRISTINA PATO & ROSA CEDRON "SOAS" PRESENTAN "MULLER"
CRISTINA PATO & ROSA CEDRON "SOAS" PRESENTAN "MULLER"
"Soas", é a combinación de dúas das artistas galegas máis internacionais do noso tempo: A pianista e gaiteira Cristina Pato e a cantante e violonchelista Rosa Cedrón. Ambas, están fortemente vencelladas coa música galega e ambas teñen en común unha sólida e académica carreira clásica. A idea de mesturar a música tradicional galega coa música clásica é a orixe do proxecto "SOAS"
Feminidade, sensu alidade, amor e paixón son os tema principais do seu primeiro traballo xuntas: MULLER, é o título desta sorprendente produción.
Para Muller, Cristina e Rosa seleccionaron algunhas das cancións tradicionais galegas máis significativas: María Soliña, Unha noite na eira do trigo, Heicho de dar e arranxáronnas para voz, piano e orquestra. Tamén incluíron as súas propias composicións nun disco que combina dúas partes de sensibilidades complementarias: Soas, piano e voz e Soas, coa Bratislava Symphony Orchestra, interpretando os arranxos que veñen da man do compositor galego Octavio Vázquez.
A cálida e tranquila atmósfera do álbum e o impecable estilo destas dúas marabillosas artistas fan de Muller, una referencia histórica na música galega.
Á VENDA O 22 DE NOVEMBRO.
PRESENTACION & Aacute; MEDIOS
Mércores 24 de Novembre 12:30 horas
C GAG Centro Galego de Arte Contemporánea
Santiago de Compostela
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário